Loading...
BLOG2017-10-26T19:23:32+02:00
2909, 2023

Comeza EpDLab 23-24

29 Setembro, 2023|Categorías: Blog|Tags: |

EpDLab comeza o curso 23-24: 9 anos de traballo, e seguimos medrando, aprendendo e construíndo comunidade

O pasado xoves 28 de setembro celebramos a primeira actividade de EpDLab 23-24. Xuntámonos 11 persoas na biblioteca do IES de Brión, que foi renovada ao longo do pasado verán, creando un espazo moi agradable para o traballo en grupo. Neste escenario, e despois de meses sen vérmonos en persoa, arrincamos esta novena fase de proxecto con bo humor, ganas de aprender xuntas e co reconforto de anos de coñecemento e […]

2909, 2023

Arranca o #epdlab9

29 Setembro, 2023|Categorías: Blog, Centros de ensino, Colectivos Culturais, Comunidades, Cooperación e voluntariado, Economía solidaria, Educación e DDHH, IES Carlos Casares, Interculturalidade, Migracións, Racismo e Xenofobia, Sexismo e identidade, Sustentabilidade e medio, Temas|

Onte arrancou no IES de Brión a novena edición do #epdlab que xa podemos etiquetar como #epdlab9 . Este é un proxecto de educación para a cidadanía global no que o noso IES participará un ano máis 🥰 e xa van 9 aniños. Nesta aventura, xunto ao noso alumnado de 2⁰ ESO estarán equipos doutros 4 centros galegos: Brión, Silleda, Boiro e Bueu.

2206, 2023

6º e derradeiro obradoiro. Seguimos concienciando.

22 Xuño, 2023|Categorías: Blog, Escola, IES Illa de Ons, Medio Ambiente, Medios, Migracións, Racismo e Xenofobia, Sexismo e identidade, Sociedade, Sustentabilidade e medio|

O 7 de xuño tivemos o noso último obradoiro con Roi. Fixemos  un repaso e unha boa reflexión conxunta sobre  todos os traballos que levamos feitos con EpdLab. Canto aprendemos! Agora xa temos claro o que son os ODS e canto precisan da nosa contribución para podelos alcanzar. Xuntos loitaremos por un planeta sostible!Axudemos a transformar a nosa sociedade, a coidar do noso planeta e de todas a persoas que formamos parte del! Grazas por presentarnos a activistas que nos axudarán a deixar unha pegada na sociedade e no medio ambiente. Grazas por tanto!

806, 2023

Ensinar para transformar: obradoiro 6

8 Xuño, 2023|Categorías: Blog, Cooperación e voluntariado, IES Carlos Casares, IES de Brión, IES Illa de Ons, IES Pintor Colmeiro, IES Praia Barraña, Micro-videos|

Debo confesar que unha vez chega o derradeiro obradoiro de cada curso, sinto un certo alivio, xa vexo o verán e a praia aló no horizonte. Pero tamén sinto certa sensación de mágoa. EpDLab son apenas 6 sesión ao longo do curso pero cos grupos sempre se establece un vínculo. Ao seren unha actividade non ligada a unha materia e na que non poñemos nota, sempre xogamos con vantaxe en relación co profesorado e cada ano temos momento bonitos, sobre todo cando chegan as reflexións finais. Habitualmente, esta última sesión serve, en gran medida para iso. Para aterrar as aprendizaxes. Do conxunto de reflexións, algunhas das que saíron foron estas:

O que máis me gustou de EpLab:

  • As nosas reflexións sobre as cousas que falamos.
  • Gústoume o obxectivo 17 que é facer as cousas en equipo.
  • Que hai […]
706, 2023

Cooperación, voluntariado e vista atrás

7 Xuño, 2023|Categorías: Blog, Centros de ensino, Cooperación e voluntariado, IES Praia Barraña|

No último obradoiro de EpDLab neste curso 2022/23, Roi achegounos ao mundo da cooperación internacional e o voluntariado. Personalizou o que supón o activismo na figura de Sonita Alizdeh, obrigada a casar e que foi quen de se fugar e dar a coñecer a súa situación e que agora rapea en contra do matrimonio infantil. Púxonos outros exemplos de activismo, como o dun grupo de hip hop de El Salvador, activistas a través das redes sociais. E nós? Coñecemos en que consiste o voluntariado? Sabemos dalgunha organización na nosa zona coa que poidamos colaborar? Que accións levan a cabo? En que eidos consideramos necesario o activismo?

Tamén adicamos parte desta sesión a botar a vista atrás e recordar todo o que levamos traballado e aprendido durante este curso: igualdad de xénero, racismo, […]

206, 2023

PRESENTACIÓN #EPDLAB NO CENTRO

2 Xuño, 2023|Categorías: Blog, IES de Brión|Tags: , |

Na biblioteca fixemos a presentación do #epdlab8 no que estivemos traballando con narrativas dixitais sobre distintas temáticas: fake news, discursos de odio, estereotipos, desigualdades… e o noso papel niso. Foi xenial! E no balance que fixemos sempre aprece o papel de Roi como un excelente mediador. Moitas grazas por esta aprendizaxe e estas experiencias!

Go to Top