Loading...
BLOG 2017-10-26T19:23:32+00:00
1006, 2020

Obradoiro 8, Cooperación e Voluntariado

10 Xuño, 2020|Categorías: Animación, Blog, Cooperación e voluntariado, IES Carlos Casares|

En calquera lugar e circunstancia podemos facer voluntariado, na mesma medida que somos susceptibles de ser beneficiari@s dunha acción voluntaria. E é que no fondo, colaborar, cooperar… en definitiva, axudar, convértese nunha porta de dobre sentido, na que por un lado dás e polo outro recibes. Ser voluntari@ significa autoensinarse a comprender o mundo.

Cooperantes de Agareso e profesorado dos centros #epdlab e as súas accións de voluntariado

Dende o noso #iescarloscasares, como entidade de […]

1006, 2020

Obradoiro 8: cooperación e voluntariado

10 Xuño, 2020|Categorías: Animación, Blog, Cooperación e voluntariado|

Con este obradoiro, pechamos o itinerario deste proxecto, no que se refire a contidos e a ferramentas de creación. Nesta ocasión, despois de analizar a desigualdade dende unha perspectiva mediática, analizamos o rol que a Cooperación Internacional e as ONGD teñen de cara ao cambio social. Tamén achegámonos aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, xa que son o eixo que articula as accións sociais e humanitarias para acadar un mundo máis xusto.

Nesta sesión queremos que o alumnado sexa consciente da responsabilidade e do poder que ten a cidadanía para cambiar as cousas: así, poñemos o foco sobre xeitos de participación, principalmente o voluntariado. Nesta sesión online, explicamos en que consiste e como poden facelo a través dos testemuños do profesorado que participa en EpDLaB e do voluntariado de Agareso, que contaron en primeira persoa como foron as súas primeiras experiencias neste […]

3105, 2020

Chegou o Hackaton!

31 Maio, 2020|Categorías: A Covid no mundo, Blog, Centros de ensino, IES Pintor Colmeiro|

Esta semana tivemos unha actividade moi especial, pois CELEBRAMOS (asi, con maiúsculas) o HACKATON. Era unha das actividades que máis expectación xeraba entre o alumnado e superou, se cabe, as expectativas.

Ás 12 da mañá do pasado martes 26 de maio, con certos nervios e moita emoción, tivo lugar a xuntanza intercentros do EpDLab, que foi un éxito de convocatoria. Partiparon rapaces e rapazas dos centros que forman parte deste proxecto e, ao longo da mañá, fumos quen de compartir un ratiño do noso tempo para aprender e intercambiar impresións sobre como se está a vivir a crise do coronavirus en distintos países do mundo. Sen movernos da casa, emprendimos unha viaxe virtual por lugares tan exóticos coma a India, Guatemala, O Salvador, Perú e República Dominicana que nos permitiron achegarnos a outras realidades.

Decidimos deixar de lado as fake news e coñecimos que […]

3005, 2020

Hackathon: como afecta a pandemia noutros países?

30 Maio, 2020|Categorías: A Covid no mundo, Blog, IES Carlos Casares, IES de Brión, IES de Milladoiro, IES Illa de Ons, IES Pintor Colmeiro|

Xa foi o hackathon. Tiña que ser unha xuntanza lúdica ao tempo que de aprendizaxe, pero dada a situación actual, isto foi imposible. Como todo ten un lado e un lado bo, esta actividade do EpDLab tamén foi así. Se ben é certo que no puidemos xuntarnos, traballar na produción de contidos en grupos e xantar na carballeira, tamén é certo que puidemos xuntarnos a través da nosa aula virtual e que puidemos reflexionar sobre a desigualdade dende una situación real: a crise do COVID-19.

Así, elaboramos unha actividade na que veríamos como unha mesma causa pode ter consecuencias moi diferentes segundo o país do que falemos. Para isto, contactamos con persoas que viven en Perú, India, El Salvador, Guatemala e República Dominicana, ademais de cun epidemiólogo galego que traballa para a universidade en Londres e que nese momento estaba […]

2805, 2020

Obradoiro 7: contrapublicidade e soberanía alimentaria

28 Maio, 2020|Categorías: Blog, Contrapublicidade, Economía solidaria|

A sesión sobre publicidade sempre arrinca cun alumnado que cre ter moi claras as estratexias e os trucos das empresas para vender produtos. O noso alumnado, ao igual que a maioría do público, pensa que a publicidade nos manipula con falsas ofertas, ou con imaxes que non responden á realidade. Nós partimos de aí: recollemos esas opinións, que tamén son certas, pero adentrámonos máis neste mundo das marcas e dos anuncios.

Ao final, sempre vemos que o importante vai máis aló do formal, é dicir, que máis que produtos ou servizos, a publicidade véndenos un modo de vida: o consumo como medio para acadar a felicidade e o éxito. Tamén decatámonos de algo moi importante: o impacto que este modelo ten sobre outros países, concretamente sobre os países produtores da materia prima ou nos que se elaboran as cousas que […]

2605, 2020

E fíxose o Hackatón!!

26 Maio, 2020|Categorías: Blog, IES Carlos Casares|

Pois si, hoxe 26 de maio, e cunha participación extraordinaria. O Hackatón, esa festa onde os centros participantes no #epdlab se reúnen para compartir o seu traballo anual no proxecto tivo lugar a pesares de, e en relación á pandemia. Porque nos serviu para coñecer a realidade global do mundo, poder contactar con outros países como a India, Perú, El Salvador, República Dominicana ou Perú. Porque puidemos aprender directamente dun epidemiólogo, e ver a relación entre o avance da pandemia e os recursos básicos cos que conta cada zona do planeta. Unha clase de xeografía ben completiña, fundamentalmente de xeografía social. Quedou perfectamente radiografiada a verdadeira pandemia que sofre este planeta, e que vai moito máis alá do coronavirus.

Grazas ao alumnado, que se implicou dende o primeiro momento, e segue a traballar […]