Este espazo está destinado á publicación da nosa experiencia no proxecto. Farémolo mediante o formato de diario ou bitácora da actividade, contando en primera persoa como foi a nosa participación nela. Docentes, coordinadoras e alumnado teremos a liberdade de compartir aquí a nosa visión, co obxectivo de poñer en común as fortalezas e vulnerabilidades que atopemos, así como de crear unha ferramenta que permita avaliar, replicar e adaptar o proxecto para outras escolas ou grupos educativos.

Primeiros pasos: xuntanza de profes e coordinación

Por |2017-10-17T18:50:40+02:0022 Setembro, 2015|Blog|

O EpDLab deu os seus primeiros pasos o pasado venres 18 de setembro de 2015. Xuntámonos en Santiago todas aquelas persoas que imos participar nesta experiencia para coñecernos personalmente, definir aspectos loxísticos do proxecto e poñer en común as nosas inquedanzas e necesidades. Alí estábamos, ademais das profes, Gingko e Agareso, que somos as organizacións coordinadoras do proxecto.

Go to Top