6º OBRADOIRO DO CURSO 2024-2025
Na última sesión de EpDLab déronnos conta de todo o que vivimos e aprendemos ao longo destes meses. Volvemos ao punto de partida, aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, pero agora con outra mirada. Xa non era só aprender o que son, senón entender que sen alianzas, sen facer cousas xuntas, non hai cambio posible. O ODS 17 fíxonos pensar que ninguén pode facer todo só, pero que entre todas as persoas si se pode mover algo.
Nesta sesión falamos de participación, de solidariedade, de activismo… pero non dun xeito aburrido nin teórico. Coñecemos historias reais, xente que loita por un mundo mellor desde a súa realidade, con accións pequenas pero poderosas. Algunhas eran artistas, outras activistas, outras simplemente persoas que decidiron non quedar caladas fronte ás inxustizas.
Todo iso inspirounos moito para crear […]
Activismo e cooperación: pechamos o curso con ganas de actuar
No último obradoiro deste curso fixemos memoria de todo o vivido e aprendido en EpDLab. Foi tempo de lembrar, reflexionar… e tamén de mirar cara adiante. Falamos de activismo e cooperación, e de como cada persoa pode ser parte do cambio pero sempre dende o colectivo.
Pensamos nos temas que máis nos interpelan, nos que nos gustaría implicarnos, e gravamos pequenos vídeos animando á acción colectiva. Porque si, son as pequenas accións ( ou máis ben, as que parecen pequenas) as que realmente van mudar o mundo.
Grazas unha vez máis a Agareso por acompañarnos neste camiño. Agardamos vervos de novo o próximo curso para seguir construíndo futuro en dende unha educación comprometida.
Activismo, alianzas e futuro: o final é só o comezo
Na última sesión de EpDLab, pechamos o círculo que comezara co primeiro obradoiro: volvemos ao punto de partida, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, pero cunha ollada máis ampla, crítica e transformadora. O foco estivo nesta ocasión no ODS 17: Alianzas para acadar os obxectivos. Porque, como comprobamos ao longo destes meses, ninguén pode cambiar o mundo en solitario.
Neste derradeiro obradoiro falamos de activismo, participación e solidariedade, coñecendo historias de persoas que loitan contra as desigualdades desde diferentes realidades e contextos. A través da comunicación, da arte e da acción colectiva, descubrimos que a loita contra a pobreza e a discriminación tamén se pode facer con creatividade e esperanza.
Estas son algunhas das aprendizaxes que destacou o alumnado:
> “Foi ver o mundo con outros ollos”;
> “Aprender cousas novas que me van servir para o futuro”;
> “Que se falara de cousas das […]
Obradoiro 6: cooperación e voluntariado
O alumnado de 2⁰ESO pechou a súa participación formativa no #epdlab10 cunha sesión sobre voluntariado e cooperación, simulando a creación dunha ONG con campaña publicitaria e todo. Como acción final no eido da difusión, está previsto valorar o proxecto en cooperación co CIM de Viana do Bolo e presentalo a 1º ESO e ante o Consello Escolar do IES Carlos Casares. Parabéns!!
5º OBRADOIRO DO CURSO 2024-2025 -Pegada ecolóxica
No quinto obradoiro de EpDLab metémonos de cheo nun tema que está moi presente nas nosas vidas (aínda que case nunca nos paramos a pensalo): o consumo. Ao principio parecía que iamos falar só de anuncios e tendas, pero acabou sendo moito máis ca iso. Remexeu por dentro e fíxonos mirar as cousas doutro xeito.
Comezamos falando do que hai detrás do que compramos todos os días. Coa axuda de vídeos, exemplos reais e moitas conversas, déronnos conta de como as grandes marcas nos contan só o que lles interesa e agochan realidades moi duras: explotación laboral, impacto ambiental, desigualdade… Vimos que unha camiseta barata pode ter un custo moi alto para outras persoas e para o planeta.
Foi impresionante ver como todo está conectado: o plástico, a auga que se precisa para fabricar roupa, as condicións nas que traballan mulleres noutros […]
Publicidade, consumo e conciencia ambiental
No penúltimo obradoiro do curso, o grupo de 1º B mergullouse nun tema que nos toca de preto: o consumo responsable e o coidado do planeta. Con Roi falamos sobre que significa realmente consumir de maneira consciente: como tomamos decisións de compra, como nos inflúe a publicidade e cal é a nosa pegada ecolóxica.
Algunhas cifras déronnos un bo susto, pero tamén nos axudaron a abrir os ollos e reflexionar sobre o noso impacto no mundo. Para pechar a sesión empregamos Canva para crear propostas de contrapublicidade e demos saída á nosa creatividade desmontando mensaxes comerciais e apostando por outras máis xustas e sostibles.