Este espazo está destinado á publicación da nosa experiencia no proxecto. Farémolo mediante o formato de diario ou bitácora da actividade, contando en primera persoa como foi a nosa participación nela. Docentes, coordinadoras e alumnado teremos a liberdade de compartir aquí a nosa visión, co obxectivo de poñer en común as fortalezas e vulnerabilidades que atopemos, así como de crear unha ferramenta que permita avaliar, replicar e adaptar o proxecto para outras escolas ou grupos educativos.

Segunda visita a Navia de Suarna

Por |2017-10-24T16:39:30+02:0011 Decembro, 2015|Blog, Colectivos Culturais, CPI Navia de Suarna, Falso documental, Migracións, Racismo e Xenofobia|

Nesta segunda visita que tivemos de Agareso, elaboramos noticias a partir de un vídeo. Despois de escribila, gravamos as nosas voces ditando a noticia que anteriormente escribíramos. Ao final de todo Iris, Ilyasse e Christian fixéronos unha entrevista na que nos preguntaron sobre as dúas sesións que tiveramos e si que nos gustaron porque foi moi divertido e aprendemos moito.

Segundo Obradoiro: subxectividade da información

Por |2017-10-17T18:50:37+02:0011 Decembro, 2015|Blog|

A proposta do noso segundo obradoiro levounos a reflexionar sobre cómo os medios de comunicación nos presentan e transmiten a información. Observamos e analizamos a partir da comparación de diferentes titulares de prensa, imaxes e, […]

Segundo obradoiro: a realidade, a ficción e a non ficción: o falso documental

Por |2017-10-24T16:42:40+02:001 Decembro, 2015|Blog, Colectivos Culturais, Falso documental, IES A Sangriña, Racismo e Xenofobia, Sexismo e identidade|

Todo o que nos contan os medios de comunicación é a verdade absoluta? Que hai sobre a pretendida obxectividade dos medios á hora de nos informar? Todos somos tratados do mesmo xeito nos medios? Por que eles son os "Galácticos" e elas as "Sereas da piscina", é que o esforzo deles é maior e elas gañan medallas olímpicas por algunha sorte de habilidade innata?

Go to Top