O 7 de xuño tivemos o noso último obradoiro con Roi. Fixemos  un repaso e unha boa reflexión conxunta sobre  todos os traballos que levamos feitos con EpdLab. Canto aprendemos! Agora xa temos claro o que son os ODS e canto precisan da nosa contribución para podelos alcanzar. Xuntos loitaremos por un planeta sostible!Axudemos a transformar a nosa sociedade, a coidar do noso planeta e de todas a persoas que formamos parte del! Grazas por presentarnos a activistas que nos axudarán a deixar unha pegada na sociedade e no medio ambiente. Grazas por tanto!