No último obradoiro de EpDLab neste curso 2022/23, Roi achegounos ao mundo da cooperación internacional e o voluntariado. Personalizou o que supón o activismo na figura de Sonita Alizdeh, obrigada a casar e que foi quen de se fugar e dar a coñecer a súa situación e que agora rapea en contra do matrimonio infantil. Púxonos outros exemplos de activismo, como o dun grupo de hip hop de El Salvador, activistas a través das redes sociais. E nós? Coñecemos en que consiste o voluntariado? Sabemos dalgunha organización na nosa zona coa que poidamos colaborar? Que accións levan a cabo? En que eidos consideramos necesario o activismo?

Tamén adicamos parte desta sesión a botar a vista atrás e recordar todo o que levamos traballado e aprendido durante este curso: igualdad de xénero, racismo, xenofobia, coidado do medio, , consumo responsable, discurso de odio, participación no Hackaton. Foi un curso ben completo, e esperamos que non sexa o último da man do EpDLab no Praia Barraña.