Este espazo está destinado á publicación da nosa experiencia no proxecto. Farémolo mediante o formato de diario ou bitácora da actividade, contando en primera persoa como foi a nosa participación nela. Docentes, coordinadoras e alumnado teremos a liberdade de compartir aquí a nosa visión, co obxectivo de poñer en común as fortalezas e vulnerabilidades que atopemos, así como de crear unha ferramenta que permita avaliar, replicar e adaptar o proxecto para outras escolas ou grupos educativos.

Pequenos e sinxelos xestos

Por |2017-10-24T18:29:31+02:0025 Febreiro, 2016|Blog, Remix, Sustentabilidade e medio|

As actividades que centraron o obradoiro de #EpDLAB de febreiro buscaban reflexións críticas nos alumnos a partir de preguntas sobre pequenos e sinxelos xestos da súa vida cotiá que lles permitisen ir construíndo dun xeito individual unha conciencia medioambiental propia e persoal que cambie realmente as súas actitudes na práctica diaria e que cree actuacións adecuadas no seu entorno natural e social máis inmediato.

Youtube editor e pegada ecolóxica

Por |2017-10-17T18:50:34+02:0011 Febreiro, 2016|Blog|

Nesta clase estivemos traballando sobre o cambio climático e a aprender a usar o youtube editor. Tamén estivemos calculando a nosa pegada ecolóxico e buscar xeitos de reducir a nosa contaminación. Pasámolo moi ben.

Carlos e Miguel

Obradoiro Xaneiro no IES Milladoiro

Por |2017-10-24T18:24:34+02:002 Febreiro, 2016|Blog, Cine e dobraxe, IES de Milladoiro, Sexismo e identidade|

Comezamos desmontando, a partir das imaxes que se transmiten da muller e do home na publicidade, no cine ou na prensa, os diferentes roles asignados a cada xénero e, pouco a pouco, démonos conta de que a imaxe pública da muller é totalmente diferente e absolutamente pexorativa ao respecto da imaxe masculina e, o peor de todo, esta diferenza está absolutamente aceptada, tanto, que nin somos conscientes nin a cuestionamos sequera; a actitude masculina por excelencia é a seguridade e a fortaleza, mentres que as mulleres son asociadas sempre coa debilidade e a fraxilidade.

4. Igualdade de xénero, amor e outros diálogos no cine

Por |2017-10-24T18:22:52+02:002 Febreiro, 2016|Blog, Cine e dobraxe, Sexismo e identidade|

Roles de xénero e a súa representación nos medios informativos e culturais… Isto é todo un reto xa que, tristemente, temos moito do que falar e moito que traballar, tanto que non sabemos se as case dúas horas que temos de obradoiro darán dabondo para facelo. Logo ocurrésenos que esta rapazada do 2016 xa medrou coa igualdade de xénero ben integrada na súa educación, tanto na escola como nos medios e na familia. A mensaxe está moi clara: non á violencia machista.

Go to Top