Este espazo está destinado á publicación da nosa experiencia no proxecto. Farémolo mediante o formato de diario ou bitácora da actividade, contando en primera persoa como foi a nosa participación nela. Docentes, coordinadoras e alumnado teremos a liberdade de compartir aquí a nosa visión, co obxectivo de poñer en común as fortalezas e vulnerabilidades que atopemos, así como de crear unha ferramenta que permita avaliar, replicar e adaptar o proxecto para outras escolas ou grupos educativos.
Chegou o Hackaton!
Esta semana tivemos unha actividade moi especial, pois CELEBRAMOS (asi, con maiúsculas) o HACKATON. Era unha das actividades que máis expectación xeraba entre o alumnado e superou, se cabe, as expectativas.
Ás 12 da mañá do pasado martes […]