Pois si, hoxe 26 de maio, e cunha participación extraordinaria. O Hackatón, esa festa onde os centros participantes no #epdlab se reúnen para compartir o seu traballo anual no proxecto tivo lugar a pesares de, e en relación á pandemia. Porque nos serviu para coñecer a realidade global do mundo, poder contactar con outros países como a India, Perú, El Salvador, República Dominicana ou Perú. Porque puidemos aprender directamente dun epidemiólogo, e ver a relación entre o avance da pandemia e os recursos básicos cos que conta cada zona do planeta. Unha clase de xeografía ben completiña, fundamentalmente de xeografía social. Quedou perfectamente radiografiada a verdadeira pandemia que sofre este planeta, e que vai moito máis alá do coronavirus.

Grazas ao alumnado, que se implicou dende o primeiro momento, e segue a traballar neste proxecto social de centro. Parabéns polo #hackaton2020 !