Yo cuándo
Traballamos na análise de publicacións xornalísticas e na linguaxe empregada nelas ao falar sobre as persoas migrantes. Estas son as nosas reflexións e recomendacións en forma de meme.
Ata a próxima EPDLAB
A avaliación cumpre a misión de comprobar e celebrar o aprendido, así como a de averiguar qué debe mellorarse. Nesta xornada final, fóronse repasando as diferentes sesións que ao longo dos 9 meses tiveron o grupo de alumnos e alumnas do Epdlab. Sorprendeulle a Roi, o docente do obradoiro, que tiñan xa interiorizados moitos conceptos e actitudes, polo que quedamos contentos . Finalmente, realizamos un mural que quería reflexar que van a facer a partir de agora co aprendido. Aínda que costou arrancar, logo xurdiron boas ideas que se mostran nestes momentos na entrada do instituto. O profesorado participante, pola súa parte, tamén están a utilizar as ferramentas que aquí se descubriron con fins educativos. En definitiva, o Epdlab é un gran programa, un laboratorio que usa a tecnoloxía para fomentar valores, fomentar a creatividade e a participación social. Esta [...]
Voluntariado e cooperación internacional
Ás veces o noso alumnado identifica cooperacion a dar diñeiro aos que o necesitan. Reflexionamos nesta sesión sobre o traballo das Organizacións non Gobernamentais, en que condicións traballan e por qué é necesario o seu traballo. Tamén, mostrouse cómo pode participar o alumnado na medida das súas nosas posibilidades sendo parte activa nas solucións. Gustou tamén coñecer os obxectivos de desenvolvemento para 2030. Para terminar a sesión, empréndeuse a creación de pequenos vídeos, utilizando a aplicación Pic Pac, para que o alumnado promocione as ONG coas que se identifica o coas que comparte os seus intereses. Sorprendeunos para ben que o alumnado de 3 ESO coñecía xa moitas ONG próximas á súa contorna así como a propia plataforma do voluntariado de Bueu. Agardamos que se animen a participar logo desta sesión.
O cambio está nas túas mans
Exercicio con imaxes animadas para promocionar a cooperación, o voluntariado e o traballo das ONGD's.