Ás veces o noso alumnado identifica cooperacion a dar diñeiro aos que o necesitan. Reflexionamos nesta sesión sobre o traballo das Organizacións non Gobernamentais, en que condicións traballan e por qué é necesario o seu traballo. Tamén, mostrouse cómo pode participar o alumnado na medida das súas nosas posibilidades sendo parte activa nas solucións. Gustou tamén coñecer os obxectivos de desenvolvemento para 2030.
Para terminar a sesión, empréndeuse a creación de pequenos vídeos, utilizando a aplicación Pic Pac, para que o alumnado promocione as ONG coas que se identifica o coas que comparte os seus intereses.
Sorprendeunos para ben que o alumnado de 3 ESO coñecía xa moitas ONG próximas á súa contorna así como a propia plataforma do voluntariado de Bueu. Agardamos que se animen a participar logo desta sesión.