A avaliación cumpre a misión de comprobar e celebrar o aprendido, así como a de averiguar qué debe mellorarse. Nesta xornada final, fóronse repasando as diferentes sesións que ao longo dos 9 meses tiveron o grupo de alumnos e alumnas do Epdlab. Sorprendeulle a Roi, o docente do obradoiro, que tiñan xa interiorizados moitos conceptos e actitudes, polo que quedamos contentos . Finalmente, realizamos un mural que quería reflexar que van a facer a partir de agora co aprendido. Aínda que costou arrancar, logo xurdiron boas ideas que se mostran nestes momentos na entrada do instituto. O profesorado participante, pola súa parte, tamén están a utilizar as ferramentas que aquí se descubriron con fins educativos.
En definitiva, o Epdlab é un gran programa, un laboratorio que usa a tecnoloxía para fomentar valores, fomentar a creatividade e a participación social. Esta aproximación positiva é necesaria e urxente nos centros educativos.