Pero unha vez estudadas estas estratexias, démoslle unha volta, descubrimos a “Contrapublicidade”: empregando os mesmos eslogans, as mesmas cores, a mesma música pero aplicándolle crítica, conciencia, respecto polas poboacións do planeta e moito humor, creamos contraanuncios que denuncian os despropósitos que comenten moitas multinacionais (centrándonos, neste caso, nas da alimentación). E para mostra un botón.