Neste cuarto obradoiro do EpDLab achegámonos á realidade da República Dominicana de man dos rapaces e rapazas do Batey La Balsa, que nos ensinaron onde viven, que fan no seu tempo libre, que música escoitan… achegámonos á súa realidade cotiá axudados por Roi, que nos foi explicando moitas cousas intesantes deste lugar que só coñecemos polo turismo pero que ten unha realidade moi distinta para a xente que vive nos bateys.

Tras ver as videocartas que nos amosou Roi, contestamos grabando as nosas propias, falando do noso centro, as nosas actividades de ocio e a nosa vida diaria. Ver a realidade de outros/as e analizar a nosa propia, que importante para ver que non todos temos as mesmas oportunidades.