Hoxe falamos da importancia que ten a linguaxe que aparece nas noticias, tanto verbal coma visual. Os campos semánticos que se utilizan nas noticias, cómo se selecciona a linguaxe, da precisión dos términos que poden dirixir os nosos pensamentos hacia ideas que , as veces, non teñen que ver nada coa realidade. As imaxes se poden escoller tamén cunha intencionalidade determinada.

Fixemos distintas actividades, comenzando por completar unha noticia a que lle faltaba texto para deducir así, de qué podía tratar. Despois, analizáronse dúas fotografías para adiviñar que estaba pasando nelas. Seguidamente houbo unha posta en común das diferentes deduccións, das dúas actividades.

Resultou moi interesante un vídeo sobre algunhas noticias nas que se cambian algunhas palabras adrede, que rebelaron o sensacionalismo que se persigue con iso.

Tamén vimos un vídeo no que se reflectía os prexuizos da linguaxe coas palabra”gallego” ou “xitano”, usadas de forma moi negativa e coma un insulto,o que provocou bastante indignación en todos os presentes.

A conclusión final foi que, moitas veces, temos prexuizos hacia o que descoñecemos, e isto é algo que temos que cambiar entre todos/as, e tamén somos mais conscientes da manipulación da linguaxe a que nos someten os medios.