A sesión de cooperación e voluntariado servíu para ampliar máis a mirada e destacar as relacións entre o local e o global e para tentar rachar coa idea de que acabar coa desigualdade é imposible. Pode parecelo, as veces, pero dende logo se non facemos nada, si que vai ser de todo imposible. Así que paga a pena intentalo, non?

Vimos diferentes mapas do mundo que nos falaban de moitas realidades nun só planeta,  unha desigualdade que na maioria dos casos non percibimos ao situarnos nós sempre baixo o mesmo punto de vista. Falamos dos ODS e tentamos relacionalos coas temáticas que traballamos na aula este meses. Falamos, coma non, de cooperación. De organizarse e xuntarse para acadar grandes obxectivos. De que só traballando de forma conxunta imos inicidir na nosa vida e na de todas as persoas que nos rodean.

Falamos tamén de voluntariado e este ano incorporamos con máis peso as visións do Sur. Porque a cooperación non vai sempre na mesma dirección, senón, non é cooperación. Falamos de persoas que colaboran nas súas localidades, de mulleres centroameiracanas que cooperan en Galicia, de rapaces de Tanzania indo a Francia de voluntarios, e ofrecémoslles diferentes vías para colaborar: nas súas vilas, en Galicia ou no estranxeiro grazas aos diferentes programas existentes.

Foi moi ilusionante ver como en cada grupo alomenos uns cantos rapaces interesáronse moito polas opcións de voluntariado: como ir, que requisitos, que se pode facer…. incluso algunhas xa chamaron para preguntar! Un dos obxectivos do proxecto que é conseguir unha maior implicación do alumnado en accións para o cambio xa o conseguimos. Serán voluntarias nun futuro? Agardo que si, polo menos, a semente xa está plantada.