Reflexionamos sobre todas estas cousas e tamén sobre para que serve todo o traballo que levamos facendo durante este curso con Roi e María, e se iso ten algo que ver coa cooperación. Recordamos que millóns de pequenos xestos poden conseguir grandes resultados, e que nós temos moito que facer polo mundo no que vivimos.
Por último utilizamos a aplicación PicPac para facer pequenos vídeos promocionais da labor de algunhas ONG´s. Aproveitamos para fotografar os traballos que alumnado do noso centro está a facer nun proxecto interdisciplinar relacionado coa reciclaxe e o coidado do medio.
En definitiva foi, coma sempre, unha entretida e proveitosa sesión.