Neste mes de abril realizamos o obradoiro 5 en todos os IES. Xa no tramo final do proxecto, esta actividade ten como obxectivo trasladar o impacto que a nosas accións teñen nun mundo globalizado. Roupa que levamos posta e foi fabricada en Bangladesh ou Myanmar, residuos tecnolóxicos que se botan ao contedor e acaban en Ghana, ou plásticos dos nosos refrescos que rematan nos océanos e que precisaron petróleo da Península Arábiga para a súa fabricación. Nesta sesión abordamos estes temas e outros máis, “viaxamos” polo mundo para constatar o impacto que o 10% máis rico do planeta temos na vida do 90% restante. Pero o obxectivo final no é só analizar este impacto senón incorporar fórmulas de consumo responsable. Por iso facemos fincapé en alternativas de consumo e modelos alternativos.E neste sentido, é bonito constatar como, ano tras ano, son máis conscientes do impacto do ser humano sobre o medio e da necesidade dun cambio. Cómpre, pensamos, achegarlle a esta rapazada ideas ou medidas prácticas para lograr ese cambio. cCmpre, dende a comunidade educativa, crear espazos para que traballen nese cambio xa que o ensino debe ser un espazo para a construción dunha cidadanía global responsable.