Neste obradoiro do #epdlab9 , ademais de facer unha reflexión sobre o que foron todos os obradoiros do proxecto, lanzámonos directamente a crear entidades de voluntariado e activismo, en diferentes eidos, pensando no mundo que queremos, en todo o que temos que mudar e no futuro das persoas dentro dunha sociedade igualitaria. Está a piques de rematar este fantástico programa, que nos levou a analizar e coñecer mellor a nosa contorna e o mundo global, así como a actuar en consecuencia ao que nos imos atopando. A finais deste mes, presentaremos este proxecto ao alumnado de 1º ESO, que participará na vindeira edición.