No mes de abril levamos a cabo o quinto obradoiro no IES Illa de Ons. O obxectivo de EpdLab da man de Roi, foi concienciar ao noso alumnado de que as nosas accións teñen un impacto importante nun mundo globalizado. A roupa que vestimos, os residuos tecnolóxicos, os plásticos dos nosos envases, etc. acaban impactando no noso planeta. Po suposto que tamén buscamos incorporar ó noso día a día solucións para fomentar o consumo responsable.
Remantamos o obradoiro con contrapublicidade.