Facendo balance e ata o próximo curso!
Este luns 19 de xuño celebrouse no IES A Sangriña o último obradoiro do EpDLab no curso 2016/17. Fixemos un pequeno percorrido por todo o traballo realizado durante estes nove meses, revisamos o feito polos nosos compañeiros e compañeiras doutros centros e construimos entre todos e todas un gran mural que recollese as nosas aprendizaxes, impresións, valoracións, algúns traballos.... Moitas grazas a Roi e María por todo o que aprendemos con eles e a Agareso por organizar este fantástico proxecto que nos axuda a mirar o mundo con outros ollos. Ata o próximo curso!
Traballa con Greenpeace
Exercicio con imaxes animadas para promocionar unha ONGD
Colabora coa Terra
Exercicio con imaxes animadas para promocionar unha ONGD
Cooperación e voluntariado
Penúltimo obradoiro do curso na Sangriña e toca falar de cooperación e voluntariado. Sabemos realmente o que fan as ONGD´s? Que significa ser voluntario? Que importancia pode ter para o mundo que nós colguemos determinada imaxe nas nosas redes sociais ou firmemos unha petición ou manifesto?
¿Te gusta contaminar?
Contrapublicidade pola soberanía alimentaria.