Así que comezamos por facernos algunhas preguntas: Onde está este país?, Cal é a súa paisaxe natural? Como é a súa paisaxe urbana? A que adican o tempo de lecer os rapaces e rapazas salvadoreños?  Cales son as dificultades que atopan na súa vida cotiá?
Por último, vimos as videocartas que nos mandaron os rapaces e rapazas de El Salvador e os nosos alumnos e alumnas gravaron á súa vez as súas respostas.
Coma sempre, aprendemos e desfrutamos!