Todo o que lemos en prensa e redes é verdadeiro? É a información sempre subxectiva, como estudiamos en clase de lingua? As imaxes que acompañan a unha noticia tamén comunican? Todos os temas son tratados do mesmo xeito? E todos os protagonistas de noticias?

Sobre estas e outras cuestións traballamos no segundo obradoiro do EpDLab. E efectivamente, comprobamos que non todas as noticias son veraces, que as imaxes si importan e que non todas as informacións son tratadas da mesma maneira por todos os medios. Para chegar a estas conclusións analizamos varias noticias, fixándonos nos textos, nas fontes, nas imaxes de apoio, na lingua que se utiliza. Tamén vimos vídeos e escoitamos testimonios que nos axudaron a darnos conta de que non todas as persoas son tratadas do mesmo xeitos nos medios, nas redes e incluso na vida cotiá; que hai a quen se lle pon a vida diaria un pouco máis difícil pola súa orixe, a súa cor de pel, as súas crenzas…

Traballamos a lectura crítica para convertirnos en lectores conscientes das informacións que nos chegan a través dos medios e das redes sociais, e así non formar parte de esa cadea de bulos e face news que se espallan coma pólvora grazas, a veces, a que non nos paramos a mirar con outros ollos as cousiñas que reenviamos.

Agardamos seguir aprendendo nos próximos obradoiros.  Que veremos no seguinte??