Que non nos conten trolas!
No segundo obradoiro estivemos analizando noticias aparecidas na prensa. A través dun concurso no tivemos que adiviñar que noticias eran falsas e cales non… e non foi fácil! Tamén estivemos analizando a portada de diferentes medios para a mesma noticia e algunhas imaxes publicadas que agochan un discurso de odio. É importante distinguir o que é subxectivo do que é obxectivo.
Outro dos temas tratados foi a aporofobia. Neste caso resultou moi interesante un vídeo de Lamine Thior, así que houbo quen se animou a facer un vídeo como resposta ao del.
Para finalizar, como está moi ben compartir o aprendido, creamos vídeos con consellos para que non nos coen noticias falsas