Primeiro obradoiro do EpDLab e xa nos deron abondo no que pensar!

Hoxe o alumnado de 1º ESO B participou no primeiro obradoiro deste curso do proxecto EPDLAB.
Roi comezou invitando ao alumnado a que escribisen que cousas queren ser, ter e facer cando teñan 30 anos.
A continuación, en pequenos grupos, contestaron tres preguntas sobre a educación que deberíamos ter e compartimos os resultados en gran grupo.
E qué pasaría con todas as nosas expectativas se hoxe fose o noso último día de escola?
Todos os nenos e nenas do mundo teñen acceso á educación? Hai algunha relación entre o acceso á educación e o índice de pobreza do país?
Para rematar coñecemos a Malala e o seu activismo a favor da educación e o alumnado creou as súas propias imaxes sobre o dereito á educación.