Na sesión de hoxe do #epdlab9 Roi e o alumnado de 2º da ESO repasaron os ODS como eixo vertebrador de igualdade entre as persoas, sostibilidade de economías e coidado do planeta, entre outros aspectos. Centráronse fundamentalmente no ODS 4 “Educación de calidade” e indirectamente no ODS 5 “Igualdade de xénero”. Inevitablemente xurdiu Malala como activista que defende o dereito a unha educación de calidade para todas as persoas, especialmente as mulleres (2 de cada tres persoas analfabetas no planeta son mulleres). Finalmente, o alumnado de 2º converteuse en activista creando imaxes con texto reivindicando ou amosando aqueles aspectos que máis lles chamaron a atención durante o obradoiro de hoxe.