Este espazo está destinado á publicación da nosa experiencia no proxecto. Farémolo mediante o formato de diario ou bitácora da actividade, contando en primera persoa como foi a nosa participación nela. Docentes, coordinadoras e alumnado teremos a liberdade de compartir aquí a nosa visión, co obxectivo de poñer en común as fortalezas e vulnerabilidades que atopemos, así como de crear unha ferramenta que permita avaliar, replicar e adaptar o proxecto para outras escolas ou grupos educativos.
HACKATON FOREVER!!!!
O 19 de abril do 2023 será recordado moi agarimosamente por todos aqueles que participamos no Hackaton ou encontro intercentros do Proxecto EpDLab. Foi un día fantástico, cheo de actividades, risas, xogo… e tamén traballo. […]