O último Obradoiro de EpDlab serviu para ver un pouco todo o que se tratou durante o ano. Falamos tamén do voluntariado e o activismo social. Ademais de concienciarnos da importancia que teñen as acción que levan a cabo para cambiar o mundo, serviu para movernos cara o activismo neste ámbito e facernos conscientes de que sí podemos facer cousas para axudar. Démonos conta de que pequeños xestos suman para lograr grandes cambios.

Analizamos tamén as diferentes ONGs e institucións que contribúen nesa importante laboura social de mellora da sociedade.
Por último, fixemos uns vídeos para animar a reflexión e a participación no voluntariado nunha ONG.

Unha vez mais, gracias a EpDlab somos moito mais conscientes da necesidade de cambio da sociedade na que vivimos e de que está nas nosas mans levalo a cabo.