Hoxe aprendemos moito sobre a República Dominicana e a rapazada sorprendeuse con moitos datos, xa que moitos nin sabían situala no mapa, así que estiveron moi atentos e participativos.

Emocionáronse moito descubrindo o batey La Balsa, mentres se sorprendían ao ver como vivían alí e destacaron a alegría dos habitantes de La Balsa. Durante o visionado, xa lles foron xurdindo moitas ideas, así que cando  saímos a gravar as videocartas, estaban moi emocionados e bulían por todo o instituto. Algúns mesmo quedaron para gravar pola rúa despois do horario escolar!

Xa temos ganas de que cheguen os obradoiros do próximo trimestre!