Este espazo está destinado á publicación da nosa experiencia no proxecto. Farémolo mediante o formato de diario ou bitácora da actividade, contando en primera persoa como foi a nosa participación nela. Docentes, coordinadoras e alumnado teremos a liberdade de compartir aquí a nosa visión, co obxectivo de poñer en común as fortalezas e vulnerabilidades que atopemos, así como de crear unha ferramenta que permita avaliar, replicar e adaptar o proxecto para outras escolas ou grupos educativos.
O EpDLab trasládase á contorna dixital
A crise da Covid-19 tronzou pola metade a quinta edición do Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento (EpDLab)- O peche dos centros de ensino impediunos celebrar nas aulas os últimos obradoiros, nos que tiñamos […]