A crise da COVID-19 fixo que todo o noso mundo cambiase. A maneira de relacionarnos, de traballar… de vivir. Pero no IES Carlos Casares tiñamos claro que queriamos seguir como fose cos proxectos que nos xeneran vida, precisamente, e #EPDLab era un deles.
O 8 de abril tivemos unha videoconferencia todos os centros participantes, xunto con Sonia, María e Roi, e foi unha alegría inmensa ver que todos tiñamos a mesma intención. Seguir adiante. Así que, co apoio loxístico da organización deste proxecto, xa comezamos a preparar o obradoiro de videocartas entre o noso alumnado via web.