Nesta sesión de clausura fixemos un recordatorio de todo o traballado nestas sesións tan intensas: sexismo, inmigración, igualdade, convivencia, economía solidaria, racismo
Con esta posta en común fixemos un mural no que quedaron reflectidas algunhas das principais aportacións que supoñeron para nós.
Foi bonito lembrar todo o aprendido e traballado neste curso escolar, do que destacamos principalmente a concicienciación e a análise crítica da información que recibimos de forma compulsiva de xeito diario.
Sinalar, que a posteriori, o alumnado que participou neste curso escolar 2018-2019, presentou con gran entusiasmo a súa experiencia a compañeiros e compañeiras do centro.
Dende o noso centro ‘IES Pintor Colmeiro’ queremos dar as grazas a todo o persoal que fixo posible a participación neste proxecto educativo, e unha mención especial a Roi e María.
…