O pasado catro de decembro, os alumnos de FPB e parte de alumnado da ESO do IES Pintor Colmeiro de Silleda, finalizaron as actividades do epdlab do 2018 coa terceira sesión denominada: #stoprumores
A profesional que impartiu o obradoiro abordou o tema da subxectividade presente nos medios de comunicación, noticias rexidas por prexuízos principalmente socio-culturais.
A raíz da análise de documentos audiovisuais, sorprende ver como realidade e ficción se intercalan, sendo difícil discernir ambas.
O alumnado, como sempre, estivo receptivo e moi atento aos casos expostos e a análise dos mesmos.
Sorprende que a pesares de estar nunha sociedade que se supón ‘’avanzada’’, seguemos a cometer erros cando se trata de crear contidos, tratar e analizar información que moitas veces se confunde con opinión.
Os medios de comunicación axudan a construír ou destruír unha sociedade a través das ferramentas de comunicación.
Nesta actividade destacou a temática da inmigración e as etiquetas que se lle asignan, que en vez de axudar, desintegran á sociedade.
A través da app giphy e a app memeGenerator os discentes elaboraron distintos memes dirixidos aos medios de comunicación.
As/os alumnas/os tomaron como base de traballo imaxes que a priori, sen ter en conta o texto, interpretamos con connotacións negativas. Coa axuda destes memes realizouse unha visión totalmente distinta da que a primeira impresión reflectía.
Pola temática tratada, esta sesión encaixa á perfección en materias do ámbito lingüístico e/ou asociadas ás competencias TIC.
Grazas por a interesante sesión!