Nesta 5ª sesión o traballo continuou centrándose en como os prexuízos están moi presentes no noso día. Facendo fincapé en que saber recoñecelos e un primeiro paso para empezar a quitarse os anteollos e ver a realidade dunha forma máis ampla. Toda a sesión centrouse no traballo co colectivo xitano. Por que? Porque dende que comezamos o proxecto, hai case tres anos, detectamos que hai un discurso aprendido de “non hai que ser racista” porque “o “racismo está mal” pero cando falabamos de xitanos, nalgúns casos, a cousa cambiaba e o racismo existente na sociedade reflectíase na aula.
Retomamos unha dinámica parecida a da semana pasada. Desta vez, enfocándoa máis na imaxe a nas emocións ou ideas que nos suxerían. Tamén volvemos empregar máis adiante as imaxes de noticias borrosas. Neste caso foi moi interesante comprobar como a rapazada de 1º e 2º de ESO non caeron na “trampa” e non identificaron a linguaxe específica que normalmente acompaña as noticias do pobo xitano, mentres que os maiores, enseguida as identificaron. A linguaxe e as connotacións tamén son adquiridas, forman parte da aprendizaxe social, por iso é máis importante aínda traballar estas temáticas nas aulas durante as etapas da ESO na sque aínda non están consolidadas e temos tempo para desprender e fomentar o espírito crítico.
Sorprendeulles moito comprobar que todas as imaxes e historias que víramos eran de persoas xitanas. Que pouco sabemos doutras culturas e que pouco nos ensinan doutras culturas. É que difícil é entender e querer aquelo que non nos ensinan.
Por iso, rematamos facendo frases animadas en forma de gif reivindicando que se derruben os prexuízos para cuestionar as nosas percepcións e construír unn mundo máis inclusivo e xusto.