IMG 20170404 172500 341

Antes de empezar a ver estes vídeos propuxémoslles un xogo, un pequeno concurso, que en realidade foron dous xa que axustamos a actividade por idades. Consistía en contestar, ou ben debuxar, como imaxinaban eles que era El Salvador: a súa paisaxe, alimentación, vivendas… pero tamén a que problemas se enfrontan a rapazada de alí, que dificultades atopan, etc. É curioso ver o gran descoñecemento que existe, comezando pola súa localización que algúns situaron en África, Asia… Tamén interesante ver como varios deles, á hora de falar das súas casa dixeron que “vivían en palacios” en “mansións xigantes con piscinas enormes”. Supoñemos que o imaxinario dos medios de comunicación xogan aquí un papel moi relevante á hora de construír imaxes doutras partes do mundo e máis de América.

 

Proseguimos vendo fotos de El Salvador que, acompañadas pola propia experiencia dunha persoa de alí ou de una cooperante, ía dando resposta as suposicións que fixeran antes. Eran como o imaxinaban? Nalgunha cousas si: clima, vexetación… pero no tocante ás dificultades máis ben pouco. A maioría non sabía da existencia das Maras, por exemplo. Pero o máis interesante chegou nun dos institutos onde, falando da cantidade de Salvadoreños que viven nos EEUU e os custes e riscos que entraña na maioría dos casos esa viaxe, preguntábanse por que non ían en avión, como todo o mundo? Espera. Non sabemos que a liberdade de movemento entre países non é tal según de onde proveña a persoa migrante? Non sabemos o que significa o (pouco certo) adxectivo “ilegal” acompañando ao sustantivo “inmigrante”? Estivemos un bo rato falando do tema con esta clase 2º de ESO. Os rapaces, aínda que escoitaran falar do tema, non se pararan a pensalo con calma. Boa oportunidade para falalo e debater chegando a unha conclusión clara pola súa parte: todo o mundo debería ter as mesas oportunidades para moverse polo mundo e buscar unha vida mellor.

E chegamos ao final da sesión na que puidemos escoitar os vídeos gravados por rapazas e rapaces como eles. Escoitar como comparten os mesmos intereses, o mesmo ocio, o día a día, incluso as festas patronais de Santiago Apostol 😉 Porque a conclusión deste obradoiro foi que é moito máis o que nos une que o que nos separa. E estamos convencidos que esta sesión servíu para achegar un pouco máis o Norte ao Sur ou o Sur a Norte, todo depende de onde situemos e nosa mirada.  

IMG 20170404 180010 743