A publicidade é unha das linguaxes que mellor coñecemos, porque está presente nas nosas vidas cotiá dun xeito constante. Este obradoiro adicámolo a analiza5901b2e5cb83etz portfolio 1493283557 565 Lr as súas estratexias e as súas técnicas comunicativas para conseguir vender máis productos. Nesta tarefa, descobrimos que a publicidade, máis que vender o produto en si mesmo, vende formas de vida e conforma un imaxinario socio-cultural que nos determina máis aló do consumo.

Centramos os contidos na análise da industria alimentaria e os seus anuncios, para descobrir como a publicidade é tamén unha ferramenta que soporta a desigualdade no acceso aos recursos e no sistema de produción a nivel mundial. A ferramenta Tras la marca, de Oxfam Intermón, axudounos a coñecer mellor algunhas marcas e ás grandes corporacións ás que pertencen, así como a valoración que fixo esta ONG sobre a empresa segundo criterios de sustentabilidade e xustiza social.

Unha vez rematadas estas actividades, recorrimos ao Canva para deseñar e difundir creacións de contrapublicidade, co obxectivo de denonciar malas prácticas, visibilizar a desigualdade no sistema de produción e reivindicar a soberanía alimentaria como dereito en todas a rexións e países. Para ver os resultados deste obradoiro, fai click aquí!

Pepsimo