O Club do Antifas entra no EpDLab!

Por |2017-10-20T11:43:24+02:006 Outubro, 2015|Blog|

No IES A Cachada de Boiro apostamos por unha educación transversal en contidos, valores, medios, protagonistas: temos sempre abertos proxectos nos que participa profesorado e alumnado cando non a sociedade local (por exemplo, o ano pasado elaboramos unha instalación para o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Cabo de Cruz), onde se tratan temas como a inmigración (colaborando con ONGDs locais como ConTacto), a natureza, a cultura, etc.