INS – IES Johan Carballeira 2017-10-24T13:58:43+00:00

Economía solidaria, comercio xusto e contrapublicidade

19 Abril, 2018|Categorías: Contrapublicidade, Economía solidaria, IES Johan Carballeira|

Partindo dos conceptos de soberanía alimentaria e de comercio xusto e responsable, o alumnado reflexionou nesta sesión sobre os produtos que consume, facéndoos mais conscientes do que hai detrás das marcas e dos alimentos e contribuíndo a xerar actitudes mais esixentes coas corporacións, como consumidores mais conscientes. Chamoulles moito a atención a ferramenta de Oxfarm “Detrás de las marcas” e os parámetros que esta mide. Faltou tempo para buscar mais información sobre as marcas.  Na parte mais activa e participativa da sesión, logo de explicar e ver exemplos da contrapublicidade como xeito de activismo, o alumnado utilizou a aplicación Canva para crear as súas propias campañas de contrapublicidade e realizar as súas reivindicacións, algunhas das cales resultaron moi moi enxeñosas.