Loading...
INS – IES de Brión2019-10-08T12:13:57+02:00

Pero que me estás contando?

22 Xaneiro, 2024|Categorías: Blog, IES de Brión, Memes, Migracións, Racismo e Xenofobia|Tags: , , , , |

No terceiro obradoiro “As palabras importan” comezamos cun xogo no que tiñamos que adiviñar o tema dunha noticia á que lle faltaban moitas palabras e tamén tivemos que imaxinar unha escena para unhas fotografías. Nos dous casos fixéronnos pensar en guerras, atentados, algo escuro... cando en realidade eran noticias sobre a emigración! Isto levounos a reflexionar sobre a importancia das palabras que se usan para falar deses temas. Esa reflexión levounos tamén a falar do tráfico de persoas e do “valor” dos pasaportes (a onde permiten viaxar) dependendo de en que país estean emitidos. Continuamos vendo prexuízos e estereotipos que hai na nosa sociedade, o máis antigo sobre a comunidade xitana. Terminamos o obradoiro creando memes contra o racismo.

Go to Top