Apoiemos
Imaxes polo dereito á educación
Xuntos máis fortes
Imaxes polo dereito á educación
Activismo, alianzas e futuro: o final é só o comezo
Na última sesión de EpDLab, pechamos o círculo que comezara co primeiro obradoiro: volvemos ao punto de partida, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, pero cunha ollada máis ampla, crítica e transformadora. O foco estivo nesta ocasión no ODS 17: Alianzas para acadar os obxectivos. Porque, como comprobamos ao longo destes meses, ninguén pode cambiar o mundo en solitario. Neste derradeiro obradoiro falamos de activismo, participación e solidariedade, coñecendo historias de persoas que loitan contra as desigualdades desde diferentes realidades e contextos. A través da comunicación, da arte e da acción colectiva, descubrimos que a loita contra a pobreza e a discriminación tamén se pode facer con creatividade e esperanza. Estas son algunhas das aprendizaxes que destacou o alumnado: > “Foi ver o mundo con outros ollos”; > “Aprender cousas novas que me van servir para o futuro”; > “Que se [...]
Mentes Pensantes
Vídeos para promover a cooperación, o voluntariado e o traballo das ONGD’s #epdlab
3 razóns polas que cooperar é importante
Vídeos para promover a cooperación, o voluntariado e o traballo das ONGD’s #epdlab
Último obradoiro deste curso de Epdlab
Con moita pena despedimos os obradoiros deste curso con Epdlab. Neste último obradoiro falamos das fake-news e fixemos un breve resumo do que fixemos ao longo do curso: Anxos e Noa fixeron de portavoces contando cales foron as suas impresións e que aprenderon nos obradoiros. Agora prepararemos a presentación para o resto do centro!


