Loading...
INS – IES Illa de Ons2018-09-24T14:47:33+02:00

6º e derradeiro obradoiro. Seguimos concienciando.

22 Xuño, 2023|Categorías: Blog, Escola, IES Illa de Ons, Medio Ambiente, Medios, Migracións, Racismo e Xenofobia, Sexismo e identidade, Sociedade, Sustentabilidade e medio|

O 7 de xuño tivemos o noso último obradoiro con Roi. Fixemos  un repaso e unha boa reflexión conxunta sobre  todos os traballos que levamos feitos con EpdLab. Canto aprendemos! Agora xa temos claro o que son os ODS e canto precisan da nosa contribución para podelos alcanzar. Xuntos loitaremos por un planeta sostible!Axudemos a transformar a nosa sociedade, a coidar do noso planeta e de todas a persoas que formamos parte del! Grazas por presentarnos a activistas que nos axudarán a deixar unha pegada na sociedade e no medio ambiente. Grazas por tanto!

Ensinar para transformar: obradoiro 6

8 Xuño, 2023|Categorías: Blog, Cooperación e voluntariado, IES Carlos Casares, IES de Brión, IES Illa de Ons, IES Pintor Colmeiro, IES Praia Barraña, Micro-videos|

Debo confesar que unha vez chega o derradeiro obradoiro de cada curso, sinto un certo alivio, xa vexo o verán e a praia aló no horizonte. Pero tamén sinto certa sensación de mágoa. EpDLab son apenas 6 sesión ao longo do curso pero cos grupos sempre se establece un vínculo. Ao seren unha actividade non ligada a unha materia e na que non poñemos nota, sempre xogamos con vantaxe en relación co profesorado e cada ano temos momento bonitos, sobre todo cando chegan as reflexións finais. Habitualmente, esta última sesión serve, en gran medida para iso. Para aterrar as aprendizaxes. Do conxunto de reflexións, algunhas das que saíron foron estas: O que máis me gustou de EpLab: As nosas reflexións sobre as cousas que falamos. Gústoume o obxectivo 17 que é facer as cousas en equipo. Que hai xente que [...]

Go to Top