Loading...
INS – IES do Milladoiro2019-02-28T16:21:28+01:00

Videocartas

3 Marzo, 2021|Categorías: Blog, IES de Milladoiro, Interculturalidade, Videocartas|

Voltamos unha vez máis a realizar unha sesión en solitario. Neste caso unha acción ben interesante para achegarnos a outras latitudes e outras realidades. Un achegamento á República Dominicana con uns videos moi ilustrativos. Foi unha mágoa non ter realizado un vídeo dende a perspectiva do noso alumnado orixinario da R.D. No instituto do Milladoiro este ano somos 21 nacionalidade diferentes. A idea das video-cartas é moi ben acollida entre o alumnado, pero non lles parecía boa idea mostrar o noso instituto unha vez vistas as súas video cartasdende o Batey. Así pois, optaron por realizar unha video-creación conxunta con mensaxes diversos e un fondo das escaleiras do propio instituto  

Memes e Linguaxe

3 Febreiro, 2021|Categorías: Blog, IES de Milladoiro, Memes, Migracións, Racismo e Xenofobia|

Nesta sesión voltamos a contar coa presencia facilitadora de Roi. A importancia do léxico e o coidado nas expresións é un bo xeito de enlazar co momento “meme”. Fíxolles reaxir o video sobre a definición de “Gallego” de Rosa Díaz. Na clase, posteriormente, tamén buscamos no diccionario a definición de Galego/a (que ao ser unha edición antiga contemplaba a acepción de paleto). Pero ao mesmo tempobuscamos a definición de Xitano/a e ainda está asociado ao epíteto despectivo e pexorativo “trapacero”. Realizar memes contra o racismo foi unha actividade, ao contrario que a de edición de video, moito máis rápida e intuitiva.    

Atención Sanitaria #StopBulos

19 Xaneiro, 2021|Categorías: IES de Milladoiro, Micro-videos, Migracións, Racismo e Xenofobia|

Micro-Vídeo realizado dentro no IES do Milladoiro dentro do proxecto #EpDLab. Neste exercicio comparamos ideas estendidas entre a opinión públicas con datos estatísticos de fontes reais como os diferentes Ministerios, Eurostat ou ACNUR para comprobar canto teñen de realidade ou de bulo. Este traballo foi realizado coa axuda da web https://stoprumores.com/

Go to Top