Loading...
INS – IES do Milladoiro2019-02-28T16:21:28+01:00

Contrapublicidade en Milladoiro

26 Abril, 2021|Categorías: Blog, Contrapublicidade, Economía solidaria, IES de Milladoiro|

Voltamos a contar coa axuda de Roi para achegarnos ao consumo responsábel. Ao comezo o alumnado non tiña moi claro en que consistía exactamente consumir con responsabilidade. Pero pouco a pouco foron sacando as súas propias conclusións. Interesoulles moito ver os trucos visuais para grabar os anuncios publicitarios. Tamén gostaron de ver o impacto da industria alimentaria e o entramado de empresas que as conforma. Unha vez máis o tempo e os problemas coa tecnoloxía fixeron que a última fase da sesións correra a fume de carozo. Ainda así o alumnado entendeu perfectamente en que consiste a contrapublicidade e foi quen de realizar co CANVA uns deseños ben creativos e xeitosos

Hackathon

8 Abril, 2021|Categorías: Blog, IES de Milladoiro, Interculturalidade, Micro-videos, Migracións, Racismo e Xenofobia|

Este día tivemos a sorte de contar coa axuda de Sonia. Certamente os astros da tecnoloxía non estaban alineados con nós 😉 Levamos arrastrando ese problema varias sesións. Con todo e iso a ilusión e a enerxía por tentar comunicarnos pagou a pena. A proposta do encontro é moi positiva, máis as dificultades técnicas arrefrían o que podería ser un espíritu de construción e creatividade en rede. Nos tempos que corren, poder facer unha xuntanza física é imposíbel pero cada vez é máis necesario. De todos xeitos, coido que ao alumnado fíxolle moita ilusión poder chatear con alumnado de outros centros e gardaron bastante ben as formas

Go to Top