Coas axudas sociais aos inmigrantes #StopRumores
Micro-Vídeo realizado dentro no IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa dentro do proxecto #EpDLab. Neste exercicio comparamos ideas estendidas entre a opinión públicas con datos estatísticos de fontes reais como os diferentes Ministerios, Eurostat ou ACNUR para comprobar canto teñen de realidade ou de bulo. Este traballo foi realizado coa axuda da web stoprumores.com
Percepción e Realidade sobre os musulmáns en España #StopIslam
Micro-Vídeo realizado dentro no IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa dentro do proxecto #EpDLab. Neste exercicio comparamos ideas estendidas entre a opinión públicas con datos estatísticos de fontes reais como os diferentes Ministerios, Eurostat ou ACNUR para comprobar canto teñen de realidade ou de bulo. Este traballo foi realizado coa axuda da web stoprumores.com
A credibilidade da información está en xogo?
Comezamos o ano cun interesante tema, Os bulos ou Fake news. O alumnado tivo que reflexionar acerca da veracidade ou falsedade de catro noticias. A conclusión foi que non é nada fácil distinguilas; por iso, debemos prestar atención e non quedarnos só co titular. A lectura crítica dos textos é unha aprendizaxe que non se debería esquecer. Roi presentoulles a mesma noticia, pero en diferentes xornais, para evidenciar como se pode manipular aos lectores e lectoras e condicionar a súa opinión. Manipulación a través da palabra e, tamén, da imaxe. A continuación, visionamos o vídeo Manual para que no te la cuelen, que foi esclarecedor. A rapazada xa estaba preparada para a fase práctica, a edición dun vídeo (con Videoshow, Vivavideo ou Kinemaster) no que, utilizando datos reais, puxesen freo aos bulos.
A linguaxe importa?
Pechamos o ano falando da importancia de empregar axeitadamente a linguaxe. María introduciu o tema co vídeo da entrevista de Inaki Gabilondo a Rosa Díez, na que o emprego da palabra “gallego” pola entrevistada dá pé á diversidade de opinións. Unha parte do alumnado pensa que a utilización deste tipo de palabras é negativo e pode contribuír a manter estereotipos, mentres outros cren que non ten demasiada transcendencia e que importa máis o “como se diga” que a palabra en si. Despois do debate, tiveron que crear un gift para expresar o seu sentimento cara a utilización dese termo. A continuación, María repartiulles textos de xornais nos que só se resaltaban algunhas palabras ou frases. O alumnado debía adiviñar de que trataba o texto. Do mesmo xeito, despois de examinar dous fotogramas de películas, debían dicir o tema da película e [...]
¡No los menciones!
Traballamos na análise de publicacións xornalísticas e na linguaxe empregada nelas ao falar sobre as persoas migrantes. Estas son as nosas reflexións e recomendacións en forma de meme.



