Loading...
INS – IES Castro Alobre2017-10-22T18:15:31+02:00

Mirando o mundo desde o voluntariado

7 Maio, 2019|Categorías: Animación, Blog, Cooperación e voluntariado, IES Castro Alobre, Sociedade|

Diferentes maneiras de mirar o mundo foi o punto de partida deste obradoiro sobre cooperación internacional e voluntariado. O obxectivo era visibilizar as desigualdades e situalas nun mapa. María fixo un percorrido polos Obxectivos Sostibles do 2030 e o alumnado puido comprobar que, ao longo deste curso, se foron debullando nos distintos obradoiros do Epdlab. Destacou María a importancia da sociedade civil na consecución destes obxectivos e, para iso, nada mellor que dar a coñecer as ONGs que fan labores de cooperación internacional. Un xeito de implicarse é a través do voluntariado, unha forma de participación na que a xuventude ten moito que aportar. Para rematar a sesión, a fase práctica. O alumnado tivo que promocionar unha ONG, utilizando a App Pic Pac ou Tik Tok. De novo, unha boa aprendizaxe.    

Publicidade e contrapublicidade

9 Abril, 2019|Categorías: Blog, Contrapublicidade, Economía solidaria, IES Castro Alobre, Sociedade|

Neste mundo actual, marcado polo consumismo e a publicidade non está de máis adicarlle uns momentos a reflexionar sobre as estratexias publicitarias e as mensaxes que transmiten as marcas, para fomentar o consumo dos seus produtos. O alumnado sorprendeuse polas poucas multinacionais que controlan numerosas marcas. De seguro que, a partir de agora, será máis crítico ou, polo menos, acordarase desta sesión e mirará algúns dos produtos que consome habitualmente. Estarán xa preparados para un consumo responsable? Seguramente non, pero por algo hai que comezar. Como actividade, tiveron que crear un cartel de contrapublicidade (en canva)  para poñer a proba a súa creatividade. De novo, sesión interesante.    

Go to Top