Loading...
INS – IES Castro Alobre2017-10-22T18:15:31+02:00

Recordando o Epdlab

19 Xuño, 2019|Categorías: Blog, IES Castro Alobre|

Chegamos á última sesión do EpdLab con sentimentos encontrados. Por unha banda, ledicia polo remate do curso pero, por outra, un pouco de tristura por non continuar neste programa o vindeiro curso. A realidade imponse e obríganos a recoller as velas que con tanto ánimo fomos estendendo ao longo destes meses. Este repaso dos contidos, das ferramentas empregadas e dos coñecementos, que se asentaron nesas cabeciñas rebulideiras, serviunos para facer unha última reflexión, a necesidade de que a nosa xuventude saiba enfrontar a realidade actual con mirada crítica. Información, reflexión e opinión propia convírtense, así, nos tres piares fundamentais que fomenta o EpdLab. Agradecer a Roi, a María e a Sonia o seu tempo, a súa paciencia, a súa axuda. E, por suposto, o seu traballo. Aínda queda moito por facer. Ata pronto EpdLab!  

Go to Top