Hackathon 2023
O 19 de abril de 2023 volvemos a xuntarnos en Bandeira, no Concello de Silleda, para coñecérmonos e compartir aprendizaxes para o cambio social.
Ademais, o alumnado de EpDLab traballou en grupos intercentros ao longo de toda a xornada, na que elaboraron materiais de comunicación para unha campaña de sensibilización sobre as consecuencias do cambio climático.
Velaquí todos os seus traballos 👇
- HACKATON #EPDLAB8
Que boa experiencia no hackaton de #epdlab8 en Bandeira, coñecendo e compartindo cos outros centros participantes. Un ano máis traballando con narrativas dixitais para mellorar o mundo que nos rodea. Grazas tamén ao concello de Bandeira que nos facilitou as instalacións.
- Hackatón 2023: festa rachada!Silleda, Brión, Bueu, Boiro e Viana!! Hoxe uníronse os cinco centros de ensino destas localidades que participan no proxecto #epdlab8 para propor alternativas sociais, de consumo e vitais para frear a pegada ecolóxica humana e coidar o medio ambiente. Boas reflexións, moito traballo e dinámicas sociais exitosas!! Viva o Hachathón!!
- O hackathón nos medios
Compartimos nova nos medios dunha das actividades máis agardadas do curso escolar: o Hackathón, onde os centros #epdlab8 se reúnen para traballar en equipo e pasar unha xornada fantástica!
- Hackathon 2023
Ao longo deste ano a formación que recibimos con Roi foi de moitísima importancia para axudarnos a ser mellores personas cos nosos compañeiros e compañeiras, cas distintas personas que nos rodean e tamén co noso planeta. Aprendimos que é fundamental ser combativos. Pero sen dúbida a pegada máis forte que nos deixou Epdlab foi claramente a xuntanza que fixemos cos demás centros en Silleda. O Hackathon!! Alí pasámolo fenomenal e ademáis aprendimos que cun pequeno xesto podemos cambiar o mundo!
- Yo pensando
Meme realizado no Hackathon 2023 reivindicando o coidado do medio.
- Yo después
Meme realizado no Hackathon 2023 reivindicando o coidado do medio.
- Yo cuándo
Meme realizado no Hackathon 2023 reivindicando o coidado do medio.
- Nuevo Mundo
Fotografía realizado no Hackathon 2023 reivindicando o coidado do medio.