Hackathon 2022

Tras dous anos de distancia social, con parte do proxecto en liña, o 5 de maio de 2022 volvemos xuntarnos en Bandeira, no Concello de Silleda, para coñecérmonos e compartir aprendizaxes para o cambio social.

Ademais, o alumnado de EpDLab traballou en grupos intercentros ao longo de toda a xornada, na que elaboraron materiais de comunicación para unha campaña contra o discurso de odio.

Velaquí todos os seus traballos 👇​

  • UN DÍA FABULOSO NO HACKATON

    Pasamos un día fabuloso no Hackaton. Por fin puidemos vernos as caras e compartir co resto dos centros. Moito aprendimos e moito compartimos! Grazas a todxs por participar neste proxecto e facelo posible!

  • Encontro intercentros: retomamos a presencialidade

    E por fin chegou o momento. Despois de dúas edicións en liña neste curso puidemos facer o Hackathon de maneira presencial. Había ganas de verse, de mesturarse e de socializar. Tamén había incerteza sobre como sairía ou como sería este novo paso cara á normalidade. E non puido saír mellor. Formulamos unha actividade arredor do discurso de odio: estratexias e produción de contidos para combatelo. Pero desta vez démosollle máis peso ao traballo en grupos, ao facilitar dinámicas para que se coñeceran e socializaran xa que é un necesidade despois de dous anos nos que as relacións sociais estiveron limitadas.

    A xornada repartiuse de maneira que pola mañá estaba centrada case toda a actividade lectiva. En grupos intercentros dinamizados por diferentes profes tiveron que argallar unha estratexia e realizar uns vídeos. Coma sempre, ao inicio timidez e xa logo, soltura e risas. Para aqueles grupos que que remataban antes, tiñan actividades extras que tamén realizaron. Xa a mediodía pizzas, empanadas e xogos. O momento máis agardado. O sol acompañou nun espazo cedido polo Concello de Bandeira e o equipo de fútbol no que a timidez do inicio xa se rompeu de todo e partillaron unhas horas ben divertidas. A volta do xantar, en murais de papel contínuo e con memes, valoramos o traballo destes meses e compartimos as aprendizaxes.

    A sensación foi que esta actividade resultou un pulo de aire fresco para docentes e alumnado. Unha xornada na que reflexionar sobre a capacidade da comunicación para a incidencia política pero tamén na que relacionarse e (re)coñecerse nos outros. Unha xornada que pagou a pena e que de ben seguro repetiremos o curso que vén.

  • Featured Video Play Icon
    Adultos, non poñades etiquetas!

    Vídeo realizado no Hackathon 2022 reivindicando a loita pola igualdade e contra o discurso de odio.

  • Featured Video Play Icon
    Chamamento a Xornalistas

    Vídeo realizado no Hackathon 2022 reivindicando a loita pola igualdade e contra o discurso de odio.

  • Como NON ser racista

    Vídeo realizado no Hackathon 2022 reivindicando a loita pola igualdade e contra o discurso de odio.

  • Featured Video Play Icon
    Contra o acoso

    Vídeo realizado no Hackathon 2022 reivindicando a loita pola igualdade e contra o discurso de odio.

  • Featured Video Play Icon
    Cristobal Colón

    Vídeo realizado no Hackathon 2022 reivindicando a loita pola igualdade e contra o discurso de odio.

  • Featured Video Play Icon
    Covid Paxaro

    Vídeo realizado no Hackathon 2022 reivindicando a loita pola igualdade e contra o discurso de odio.