Hackatón 2020

Hoxe tivo lugar a actividade máis esperada do #epdlab con @agareso_ong e os outros catro centros participantes no proxecto: o #hackathon !! A rapazada de Viana, Milladoiro, Bueu, Silleda e Brión tivo a oportunidade, por fin, de coñecerse, o que é especialmente importante nun ano de poucas saídas didácticas como está a ser 2021. Entre tod@s, desmontaron o racismo, a xenofobia, os estereotipos, a LGBTfobia ou a desigualdade de xénero. O luns pasado, comezabamos a quentar motores nunha reunión preparatoria virtual, e hoxe todo saiu á perfección! Apertura ao mundo, conseguida! Conexión coa realidade, conseguida! Discurso do odio, freado!!!

A COVID no mundo: desigualdade social e crise do coronavirus

Esta actividade reúne aos centros participantes no proxecto cada ano, e o alumnado traballa en grupos intercentros para crear un produto comunicativo ao redor dun tema concreto. Este ano, esta xuntanza realizouse de xeito virtual, nun espazo online e nun tempo...